Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os equipos de extinción de lumes traballan en Rodeiro, Vilar de Santos, San Cristovo de Cea e en Pantón

Os equipos de extinción de lumes traballan en Rodeiro, Vilar de Santos, San Cristovo de Cea e en Pantón

G24.gal 04/09/2022 20:51 Última actualización 04/09/2022 22:02

Os equipos de extinción tiveron que actuar na tarde do domingo en varios incendios forestais. No municipio de Rodeiro, en Pontevedra, o lume orixinouse contra as cinco da tarde e xa está estabilizado. Queimou 20 hectáreas. Neste incendio Medio Rural mobilizou 6 axentes forestais, 12 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros

Ademais, un lume comezou este mediodía no concello ourensán de Vilar de Santos, na comarca da Limia. Alí, segundo Medio Rural, arderon unhas 15 hectáreas en pouco máis de dúas horas.

No municipio de San Cristovo de Cea está activo outro incendio e outro no concello de Pantón. Segundo Medio Rural estes incendios, todos de menos de 20 hectáreas, evolucionan favorablemente. Esta tarde quedou tamén extinguido o de Ribadavia que queimou unhas 30 hectáreas de monte arborado.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos