Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os epidemiólogos aconsellan extremar a precaución na cea de Noiteboa

Os epidemiólogos aconsellan extremar a precaución na cea de Noiteboa

Facer un test de antíxenos antes de nos xuntar

Sacar a máscara so para comer ou beber

Moita ventilación e se é posible, mesas separadas

Alberto Ruano, profesor titular de Medicina Preventiva da USC
G24.gal 24/12/2021 09:26

Os epidemiólogos fan unha chamada á prudencia para evitar máis contaxios na cea de Noiteboa. Alberto Ruano, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago, cre que é preciso extremar as medidas de precaución. Nunha entrevista no Galicia por Diante explicaba.

"Imos estar varias horas todos xuntos na mesa con xente non convivente. É tremendamente importante manter a máscara todo o tempo que se poida. Se a pesar das datas podemos engadir un pouquiño de ventilación, tamén mellor".

Ruano aconsella, no posible, realizar un test de antíxenos antes da cea, evitar as apertas e o contacto físico e, se é posible, distribuír as persoas en mesas diferentes en función do núcleo de convivencia.

Para este epidemiólogo, en plena explosión dos contaxios, a decisión do Goberno de obrigar a usar de novo a máscara en exteriores é unha medida insuficiente. 

"En lugares da cidade onde se xunte moita xente pode ter sentido colocar a máscara pero esta medida non vai producir unha redución significativa no número de contaxios".

O profesor de Medicina Preventiva da USC cre que o Goberno debería apostar por outras medidas para facer pedagoxía, como colocar carteis luminosos nos centros das cidades ou nas autoestradas para lembrarlle á cidadanía que seguimos en pandemia.

Segundo o último dato facilitado polo Goberno, neste momento hai en España preto de dez mil persoas hospitalizadas por mor da covid-19, 1.500 delas nas UCI. Alberto Ruano cre que moitos destes pacientes puideron evitarse se se implantasen medidas semanas atrás e cre que se a situación non muda a presión hospitalaria seguirá en aumento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade