Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os donos dos cans terán que limpar os ouriños con auga e zume de limón ou bicarbonato

Os donos dos cans terán que limpar os ouriños con auga e zume de limón ou bicarbonato

Quen incumpra a norma na Coruña será castigado cunha sanción de entre 100 e 500 euros

G24.gal 01/03/2023 14:17

Limpar os ouriños dos cans. Esta é unha das modificacións da ordenanza de hai 26 anos que propón facer o Concello da Coruña para axustar a norma á nova lei de benestar animal que tramita actualmente o Goberno central.

Así, os donos dos cans estarán castigados a limpar os ouriños das súas mascotas con auga e zume de limón ou bicarbonato de sodio.

Quen incumpra a norma será castigado cunha sanción de entre 100 e 500 euros.

No concello veciño de Cambre xa adoptaron esta norma hai un par de anos e algún atopamos coa botella na man.

Agora haberá que agardar a que na cidade herculina entre en vigor para ver como se comportan os propietarios das mascotas. Desde o Concello apelan ao civismo e á responsabilidade dos cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade