Os dermatólogos alertan dun gromo de tiña que vinculan aos salóns de peiteado
Cren que a orixe do gromo está en máquinas de afeitar que non se desinfectaron correctamente
É o peiteado de moda: "Cortes de pelo moi apurados nos laterais e rapados, pero con degradados", aseguran na barbería.
E a el atribúen os especialistas o aumento de casos de tiña do coiro cabeludo entre adolescentes. Un fungo case excepcional ata agora que afecta principalmente a caluga e a cabeza.
"Estamos detectando a aparición de casos asociados a este tipo de rasurados, que ademais o fan periodicamente. É moi frecuente que os mozos saian os venres e todos os venres vaian este tipo de técnicas", explica o dermatólogo Emilio del Río.
A Asociación Española de Dermatoloxía estudou 107 casos vinculados a salóns de peiteado. E asocian o contaxio ás máquinas de afeitar non desinfectadas correctamente. O diagnóstico temperán é fundamental para evitar secuelas.
Emilio del Río detalla os síntomas: "Placas vermellas, lixeiramente escamadas, que van medrando de xeito centrífugo. Pero ás veces é simplemente un pouco de proído, descamación, de caspa, máis intensa do habitual".
Para evitar que vaia a máis hai que ser profesional, como Gabriel Nogueira, barbeiro "Entre servizos usamos uns sprays que desinfectan as máquinas de afeitar... e cada cliente unha coitela, un uso".
Todo isto para evitar contaxios por células mortas e posibles bacterias. En Galicia, de momento, non se rexistraron casos. Por iso os especialistas piden previlos.