Os dermatólogos advirten dos riscos de levar sempre unllas postizas ou esmalte
Ás consultas chegan cada vez máis persoas por dermatites alérxicas tras unha manicura
Está tamén por saber o efecto que a longo prazo pode ter as lámpadas UV que se empregan para o secado
Gisela tamén leva sempre unllas postizas. Escolle as acrílicas porque duran máis, retócanllas nun salón de manicura cada mes. Outras extensións de unllas fanse con xel, menos agresivo.
Hai quen opta por facelo na casa con esmaltes semipermanentes. Pero ollo, mellor acudir a un centro especializado, din os dermatólogos, e que empreguen produtos de calidade. Ás consultas chegan cada vez máis persoas por dermatites alérxicas tras unha manicura.
Está tamén por saber o efecto que a longo prazo pode ter as lámpadas UV que se empregan para o secado. Riscos que moitas xa evitan con descansos.
Unha chea de posibilidades coas que o mellor é asegurarse.