Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os crimes machistas no que levamos de ano igualan todos os de 2022

Os crimes machistas no que levamos de ano igualan todos os de 2022

Entre xaneiro e setembro foron asasinadas 49 mulleres en España

En Galicia son dúas as vítimas 

G24.gal 25/09/2023 17:44

O feminicidio de Miguela, nai de dúas fillas e un fillo e asasinada este domingo en Madrid, eleva a 49 as vítimas mortais por violencia de xénero no que vai de 2023, a mesma cifra que a rexistrada en todo o ano 2022.

Só nos primeiros 24 días de setembro foron asasinadas polas súas parellas ou exparejas nove mulleres, o que converte a este mes no máis negro de 2023. O próximo 4 de outubro, o Ministerio de Igualdade convocou un comité de crise para analizar esta repunta xunto a Interior, Xustiza, Fiscalía, Consello Xeral do Poder Xudicial e as comunidades autónomas. Será o quinto comité deste 2023.

2020, 2021 e 2022 foron os anos con menos vítimas mortais por violencia de xénero da serie histórica, con 50 feminicidios en 2020 e 49 tanto en 2021 como en 2022. Con todo, no primeiros nove meses deste 2023 xa son 49 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas (1.233 desde 2003), a mesma cifra que ao peche dos dous anos anteriores. Como consecuencia destes crimes, 48 nenos e nenas quedaron orfos (425 desde 2013). Ademais, dous casos continúan en investigación para determinar se foron asasinatos por violencia de xénero.

Andalucía é a comunidade máis golpeada pola violencia machista, pois nesta rexión perpetráronse 16 asasinatos, seguida de Cataluña (9), Comunitat Valenciana (5), Madrid (4), Canarias (3) e Castela e León (3). Tanto en Galicia como no País Vasco dúas mulleres foron asasinadas, e A Rioxa, Aragón, Murcia, Castela-A Mancha e Navarra rexistraron un feminicidio cada unha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade