Os comerciantes de Ribeira amósanse impotentes ante a vaga de roubos
Delincuentes habituais asaltan negocios a plena luz do día
Unha cámara de seguridade deste despacho de pan de Ribeira captou a última incursión no local dun dos delicuentes habituais que actúan na cidade. Entrou no momento en que a empregada estaba no cuarto traseiro e en sete segundos saíu co botín.
"A moza limpou as mans que estaba dentro preparando pastelería e cando saíu viu como marchaba. Pero ela pensou que non levaba nada, viu unha caixa de chupas tirados, ata que nos decatamos de que faltaba o táper e o estoxo cando foi meter billetes. E dixo: tamén levou o estoxo", explica Mónica Luna, dona do Forno de Lúa.
Calcula que levou 600 euros entre o que había no táper e no estoxo. Repasando as gravacións das cámaras, vírono que levaba tempo asexando por fóra do local ata que viu a oportunidade.
"Fun poñer a denuncia e me dixeron que non había moito que facer. É continuo, non é que rouben 600 euros e xa. É continuo, tira a xente para quitarlle o bolso, xa llo fixo a unha muller embarazada e cos maiores. Non lle podes facer nada, ríse na túa cara", laméntase Mónica Luna, dona do Forno de Lúa.
Noutra panadería, os ladróns intentaron entrar pero só lograron estragar a porta. Conseguírono no chiringuito da praia de Coroso onde se apoderaron dun botín de bebidas despois de escachar un cristal. Tamén romperon unha ventá para roubar nun salón de peiteado.