Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos de osteoporose poderían medrar un 30 % nos próximos dez anos

Os casos de osteoporose poderían medrar un 30 % nos próximos dez anos

A enfermidade, asociada ao envellecemento, afecta un 23 % de mulleres e un 7 % dos homes maiores de 50

Exercicio e alimentación son indispensables para previr esta doenza

G24.gal 24/10/2023 14:32

As autoridades sanitarias advirten sobre o incremento da osteoporose: din que estamos ante un verdadeiro problema social, especialmente nas sociedades urbanas occidentais, moito máis sedentarias e lonxevas.

Só no hospital clínico universitario de Santiago realízanse máis de 400 intervencións cirúrxicas ao ano por esta razón. A maioría son mulleres maiores de 75, pero non é una enfermidade que se asocie só a mulleres postmenopaúsicas: tamén lles afecta ás novas que, por exemplo, por anorexia nerviosa perderon a función ovárica; ou a un 7 % de homes maiores de 50 anos.

A boa noticia é que se pode previr. O traballo físico no agro e no mar das mulleres galegas explica que a incidencia da osteoporose sexa un pouco menor en Galicia, porque manterse activo, cun exercicio adaptado á idade e condición de cada un, é a principal arma contra a perda da densidade ósea. 

"Desde o punto de vista da alimentación haio que inxerir alimentos que sexan ricos en calcio e vitamina D", explica Antonio Mera Varela, o xefe do Servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Son alimentos que axudan, as améndoas, o repolo, o aguacate. Por suposto, queixo e iogures. E son factores de risco tabaco, alcol, a baixada de estróxenos nas mulleres e da testosterona nos homes e determinados medicamentos. 

"A perda de densidade ósea aumenta o risco de fractura. E a fractura de cadeira, leva asociada unha altísima mortaldade no primeiro ano, de xeito que previr é moi importante. E para iso hai que buscar un especialista que trate a osteoporose e teña experiencia nos medicamentos que se usan", engade Antonio Mera Varela, o xefe do Servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago 

Porque moitas veces é unha enfermidade silenciosa. Cada vez máis pódese previr tamén grazas á vixilancia, densiometrías óseas e controis da vitamina D que os médicos propoñen nas consultas sobre perimenopausa e menopausa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar