Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos activos volven superar os 20.000, e baixan os contaxios e os ingresos

Os casos activos volven superar os 20.000, e baixan os contaxios e os ingresos

Hai dez persoas menos ingresadas en planta 

O Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19

Jessica Fernández 17/03/2022 10:30

Os casos activos continúan subindo (+538) e xa están por riba dos 20.000. En total, hai  20.127 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente con respecto a onte e rexístranse 2.075

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.334 (+133)

Vigo: 3.602 (+105)

Ourense: 2.682 (-23)

Santiago: 3.192 (+76)

Lugo: 2.447 (+61)

Pontevedra: 2.137 (+53)

Ferrol: 1.639 (+131)

En canto á ocupación hospitalaria, esta descende en planta (-10), pero mantense nas UCI. En total, hai 350 e 26 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.165 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade