Seguen reducíndose os contaxios en Galicia, pero soben as hospitalizacións
Hai 71.376 persoas con coronavirus, máis de 4.000 menos ca onte
Galicia supera as 600 persoas ingresadas
O Sergas notifica 12 falecementos que detallará o martes pola mañá

A última semana de xaneiro comeza cun gran descenso dos casos activos (-4.209). En total, hai 71.376 persoas con coronavirus en Galicia.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén descenden e rexístranse 4.288 nas últimas 24 horas.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 15.114 (-700)
Vigo: 18.876 (-1.370)
Ourense: 7.350 (-403)
Santiago: 10.811 (-569)
Lugo: 7.266 (-355)
Pontevedra: 8.508 (-522)
Ferrol: 3.451 (-290)
No tocante á presión hospitalaria, esta aumenta notablemente respecto á xornada anterior ao rexistrárense 38 novos ingresos en planta, pero diminúen as persoas en UCI (-1). En total, hai 620 hospitalizacións, 582 en planta e 47 en coidados intensivos.
O Sergas notificou doce falecementos que detallará o martes pola mañá. Polo tanto, o número de vítimas ascende a 2.893 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Mapas de incidencia por concellos