Os cardiólogos piden campañas para concienciar do grave risco da cocaína
Só na área de Santiago provoca 15 infartos anuais en menores de 35 anos
Chamada de atención dos cardiólogos sobre o consumo de cocaína. Os 15 infartos anuais en xente nova son datos de Santiago, pero que os cardiólogos extrapolan a outras áreas.
E o último informe europeo de augas residuais sitúa a capital galega á altura de cidades como Hamburgo, Oslo ou Lisboa no consumo disparado de cocaína.
Por iso os especialistas piden máis concienciación sobre o que consideran un grave problema de saúde e que cren que se está tratando case como un tabú.
E avisan: ante calquera síntoma que poida apuntar a un infarto, chamar ao 061, porque os tempos son clave e moitas veces confúndense eses síntomas, por exemplo unha opresión no peito, cos propios efectos da cocaína.