Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros tratan de sufocar un incendio nun serradoiro de Valga

Os bombeiros tratan de sufocar un incendio nun serradoiro de Valga

Rexistrouse contra as cinco da tarde e segundo os servizos de emerxencia xa está controlado

G24.gal 11/05/2022 20:24 Última actualización 11/05/2022 20:32

Varias unidades de bombeiros tratan de sufocar o incendio que se rexistrou esta tarde nunha serra de Valga, na provincia de Pontevedra.

Polo momento, descoñécense as causas e tamén a magnitude das perdas. O incendio xa está controlado e os servizos de emerxencia manteñen o lume cercado nunha zona da fábrica para evitar a súa propagación. 
 
Todos os traballadores foron desaloxados a tempo.
 
Esta é unha empresa familiar cunha longa traxectoria. Iniciou a súa actividade como serra industrial en 1958.
Publicidade
Publicidade
Publicidade