Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os avicultores galegos regalan 2.000 quilos de polo en protesta pola precariedade

Os avicultores galegos regalan 2.000 quilos de polo en protesta pola precariedade

Denuncian que están traballando por baixo dos custos de produción

Avicultores galegos regalando polo en Pontevedra
G24.gal 23/11/2021 20:36

Prefiren regalar a súa produción a malvendela. Convocados por Unións Agrarias, os avicultores galegos repartiron 2.000 quilos de polo en Pontevedra para facer pública a súa situación.

Denuncian que o prezo do seu produto non cobre os custos de produción, sobre todo pola suba da luz, que representa o 35 por cento dos gastos fixos dunha explotación.

Marina Suárez, avicultora, di: "Subiu a luz, subiu a cama dos polos, todo son subidas, pero a nós seguen a pagarnos o mesmo pola nosa produción e polo noso traballo"

En Galicia hai máis de 600 produtores avícolas que, segundo Unións Agrarias, están traballando a perdas. O sector non recuperou aínda os niveis de venda prepandemia, e para resultar rendible, din, debería subir o prezo da carne.

"Propoñemos unha suba que sitúe o quilo do polo arredor dos 2,90, que lle suporía a calquera consumidor que consome ao ano uns 14 quilos, apenas 2 euros, ou 2,40 euros máis ao ano", di Roberto García, o secretario xeral de Unións Agrarias en Galicia.

O sector anuncia que intensificará as protestas se a súa situación non mellora.

"Imos seguir loitando porque neste momento estamos arruinados. Máis non podemos estar", asegura Javier López, o presidente da Asociación de criadores avícolas de Galicia.

Segundo os datos que manexan, os avicultores galegos reciben cinco céntimos o quilo por debaixo dos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade