Publicador de contidos
Publicador de contidos

O celtismo prepara un recibimento especial ao equipo fronte ao Athletic

O celtismo prepara un recibimento especial ao equipo fronte ao Athletic

“O celtismo vívese na alegría e no padecer. Está sempre nas boas, sempre nas malas. Acode con sol ou baixo a choiva. Mércores. 20:15 horas. Balaídos”, destaca Siareiros Celta

G24.gal 13/05/2024 16:04 Última actualización 13/05/2024 16:21

As peñas do R. C. Celta preparan un recibimento especial ao equipo á súa chegada ao estadio de Balaídos, no partido que este mércores disputará contra o Athletic Club a partir das dez da noite.

Seareiros Celta de Vigo, coordinadora da bancada de animación, e a Federación de Peñas convocaron aos afeccionados para recibir ao equipo en Balaídos a partir das 20:15 horas. A vitoria do Cádiz ante o Xetafe e a derrota do equipo dirixido por Claudio Giráldez fronte ao Atlético de Madrid deixaron ao Celta con tan só cinco puntos de vantaxe sobre a zona de descenso a falta de tres xornadas para o final do campionato.

“O celtismo vívese na alegría e no padecer. Está sempre nas boas, sempre nas malas. Acode con sol ou baixo a choiva. Mércores. 20:15 horas. Balaídos”, destaca Siareiros Celta de Vigo na súa conta oficial.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar