Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os autónomos poden solicitar a partir deste venres axudas para cambiar ou retomar a actividade

Os autónomos poden solicitar a partir deste venres axudas para cambiar ou retomar a actividade

A Xunta activa tamén unha nova liña de axudas para promover proxectos de loxística avanzada e sostible entre pemes e autónomos

G24.gal 11/08/2022 10:38 Última actualización 11/08/2022 11:09

Abre mañá o prazo para a solicitude de axudas da Xunta de ata 10.600 euros para os autónomos que retomen a actividade tras cese temporal ou que decidan cambiar de actividade.

 O Bono Nova Oportunidade destina cinco millóns de euros para apoiar o emprego por conta propia. O prazo para solicitar as axudas está aberto ata o próximo 31 de outubro.

A Xunta activa tamén unha nova liña de axudas para promover proxectos de loxística avanzada e sostible entre pemes e autónomos. O obxectivo é facilitar o desenvolvemento de iniciativas que melloren a competitividade territorial e empresarial. O programa, pioneiro en Galicia e impulsado pola vicepresidencia primeira, conta cun orzamento de millón e medio de euros.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos