Os aceites esenciais preveñen as pragas de couza, que se tratan con diversos métodos
Para exterminar estes insectos existen varios tratamentos, dende os químicos aos térmicos
A couza da roupa é un insecto lepidóptero xilófago. É dicir, que se alimenta de madeira, aínda que tamén come os tecidos das pezas de vestir. Supón, por tanto, un problema en calquera armario onde apareza, e en ocasións mesmo resulta necesario exterminala.
Antón Veloso, veterinario: "Dentro dos métodos para tratala, temos tratamentos químicos, que serían insecticidas, e logo hai outros, que son cámaras de gas ou tratamentos térmicos".
Antigamente, evitábase a presenza desta praga con bólas de naftalina, pero deixáronse de vender debido á súa toxicidade. Como prevención, os aceites esenciais son o remedio máis demandado, sobre todo o de cedro.
Áurea González, comerciante: "Todos os aceites esenciais espantan os insectos, tanto o da árbore do té coma a da citronela. O do cedro non mata a couza, pero si que a espanta, porque non lle gusta".
A solución contra a couza, en resumidas contas, pasa por ventilar, impregnar con aceites esenciais e, só cando non queda máis remedio, recorrer a insecticidas.