Publicador de contidos

Publicador de contidos

O'Mega cifra nun 85 % o seguimento da folga de médicos e a Xunta redúceo ao 22,7 %

O'Mega cifra nun 85 % o seguimento da folga de médicos e a Xunta redúceo ao 22,7 %

O sindicato convocador denuncia uns servizos mínimos "abusivos" por parte de Sanidade, que chegaron a alcanzar ata o 120 % dos efectivos dun día normal

Médicos e facultativos doutras ramas sanitarias participan en concentracións ante hospitais e centros de saúde nesta segunda xornada de folga

A folga contra o Ministerio de Sanidade obriga a suspender 472 operacións e máis de 24.000 consultas en Galicia

Médicos do sindicato O'Mega concentráronse esta mañá na entrada do Hospital Clínico de Santiago no segundo día de folga  (EFE/Xoán Rey) Médicos do sindicato O'Mega concentráronse esta mañá na entrada do Hospital Clínico de Santiago no segundo día de folga (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 15/01/2026 12:52

A Xunta cifra nun 4,59% o seguemento na tarde do xoves da segunda xornada da folga de médicos contra o estatuto marco proposto polo Goberno central. O sindicato O'Mega falaba a primeira hora que a participación era case xeneralizada, e cífraa nun 85 % nos hospitais e nun 55 % nos centros de saúde.

De acordo cos datos da quenda da mañá facilitados polo Executivo autonómico, o seguimento crecera desde o 20 % da xornada de onte, e alcanzaba o 22,7 % nas primeiras horas deste xoves. Sanidade destaca ademais que a folga levou a suspender 236 operacións cirúrxicas nesta xornada, máis de 472 desde este mércores. Ademais, foron anuladas máis de 24.000 consultas.

Os datos da quenda de mañá

A participación foi maior nos hospitais das sete grandes cidades que nos comarcais (18,7 %), con importantes diferenzas entre o seguimento que alcanzou a folga no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (39,3 %) e o 12,1 % rexistrado no Hospital Público de Barbanza.

O sindicato convocador O'Mega afirma que o seguimento xeral da folga na quenda matinal pasou do 70 ao 85 % no ámbito hospitalario e estima unha participación menor, arredor do 55 %, na atención primaria.

Isto supón, indican, "un sensible incremento respecto á primeira xornada de paros" e conséguese "a pesar dos servizos mínimos abusivos impostos pola Consellería de Sanidade", que, denuncian, "chegaron a alcanzar ata o 120 % dos efectivos dun día normal".

Con motivo desta xornada de protestas, médicos e facultativos doutras ramas sanitarias participaron ao longo da mañá en concentracións ante hospitais e centros de saúde de toda Galicia.

Entre as súas reivindicacións, inclúen cuestións que incumben principalmente ao Goberno central na negociación do estatuto marco e a categoría profesional, pero tamén de competencia autonómica, como a retribución das horas de gardas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade