Cargando resultados...
Oito policías matan con máis de 60 disparos un mozo negro que fuxía en Ohio
Os axentes tentaron deter o vehículo por unha infracción de tráfico
Cando non parou, empezaron a perseguilo

G24.gal
04/07/2022 08:02
Novo tiroteo nos Estados Unidos. Oito policías matan con máis de 60 disparos un afroamericano que fuxía. O falecido botou a correr para fuxir dun control de tráfico. No seu corpo hai 60 feridas de bala.
Os axentes, segundo explicou o xefe de policía da localidade de Akron, tentaron deter o vehículo por unha infracción de tráfico. Cando non parou, empezaron a perseguilo. Despois saíu do coche e empezou a correr, mentres a policía o perseguía. Tiña 25 anos.