O xuíz único pon a data do 1 de setembro como límite para o DUX
Tamén abre o prazo para que outros clubs "manifesten o seu interese pola inscrición" en caso de que o DUX non compita
Lapeña: "É un partido que tiñamos que xogar a fin de semana pasada, decidiuse aprazalo e agora estamos ao cento por cento enfocados no partido co Linense"

O xuíz único da Federación Española emitiu a resolución sobre a situación do DUX, que non se presentou en Riazor para xogar a primeira xornada de liga, partido que foi adiado pola RFEF.
O equipo madrileño ten de prazo ata o 1 de setembro ás 23:59 horas para tramitar as fichas de xogadores e corpo técnico si quere competir esta temporada. No caso de non facelo abre a posibilidade a outros equipos para que "manifesten o seu interese pola inscrición" para xogar na categoría de bronce do fútbol español.
🔴 Resolución del Juez Único de competiciones no profesionales sobre @Primera_RFEF y la situación del Club Dux Internacional SL
— RFEF (@rfef) August 30, 2022
➡️ Considera que deben garantizarse tanto los derechos del Club Dux Internacional SL como los de los otros clubes.
🔗 https://t.co/3gcMfH5yF7 pic.twitter.com/CPuF8oi0RO
Tamén se refire ao partido da xornada 2 que o DUX tiña que xogar diante do Mérida. Para este encontro terían de prazo ata o mércores 31 de agosto ás 12:00 horas para presentar as licencias mínimas para xogar. E si en ese intre non as ten tramitadas e entende que o día seguinte sí podería cumprir os requisitos debería depositar un aval de 493.317€.
Dadas as circunstancias do DUX Internacional o máis probable é que o partido desa segunda xornada tamén se suspenda e a RFEF teña que elixir un equipo para ocupar a súa praza e que sexan 20 equipos os que disputen o Grupo 1 da Primeira RFEF.
No vestiario do Deportivo, céntranse no partido ante o Linense:
Lapeña: "É un partido que tiñamos que xogar a fin de semana pasada, decidiuse aprazalo e agora estamos ao cento por cento enfocados no partido co Linense