Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xesto de Teresa Portela para a preservación das nosas praias

O xesto de Teresa Portela para a preservación das nosas praias

A medallista olímpica pasou pola praia de Aldán e ocupouse de limpar a zona antes de comezar o adestramento

G24.gal 05/07/2022 11:09

Xesto de concienciación por parte de Teresa Portela. A medallista olímpica galega pasou pola praia de Aldán, a carón da súa casa, e con membros das categorías inferiores do club de piragüismo ocupouse de limpar a zona antes de comezar o adestramento.

Por praias limpas de lixo. Por respecto aos nosos mares e ao medio natural. A natureza. Así foi unha xornada diferente para Teresa Portela. Unha xornada que ten que ver co deporte e coa educación. Por preservar nas mellores condicións a contorna onde se adestra. Porque despois de limpar había que adestrarse, e as piragüas foron á auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos