Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xapón fai o haraquiri e xogará o pase contra España

Xapón fai o haraquiri e xogará o pase contra España

Costa Rica reponse da goleada da primeira xornada e gaña grazas a un gol de Fuller

G24.gal 27/11/2022 12:55

Xapón tiña na man meterse nos oitavos de final do Mundial, pero o fútbol non entende de pasado, nin tan sequera do acontecido hai uns días. O mércores o equipo nipón fixo a fazaña de remontarlle á selección de Alemaña e poñerse con tres puntos. O mesmo mércores Costa Rica era humillada por España cun 7-0 que fixo moito dano. 

Catro días despois, Costa Rica gañou en solidez defensiva e defendeu a porta de Keylor buscando deixar o taboleiro en contra a cero. A Xapón pesoulle a responsabilidade e xerou moi poucas oportunidades. No minuto 81, unha xogada de ataque centroamericana culminouna Fuller cun remate cruzado que pon o grupo patas arriba. España ten a clasificación na man. Pase o que pase contra os alemáns, chégalle cun empate na última xornada ante os xaponeses para pasar a oitavos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos