Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 59.000 galegos votaron por correo para as eleccións do 18F

Preto de 59.000 galegos votaron por correo para as eleccións do 18F

Contabilizaranse a partir das 20 horas, cando pechen os colexios electorais

O voto por correo reduciuse un 20 % con respecto ás ultimas eleccións autonómicas

G24.gal 18/02/2024 14:05

Son case 4.000 mesas electorais en toda Galicia que ao longo de todo o día reciben as papeletas de quen escolleu votar por correo.

"Ao longo da xornada recollemos os votos que vai achegando o persoal de Correos, custodiámolos aquí e unha vez rematada as votacións, a porta pechada, ábrense os sobres. Compróbase que estea a documentación correcta e despois incorpóranse á furna cos demais votos", amosa María Jesús Luces Léon, unha das presidentas dunha mesa electoral no concello de Ames.

Correos admitiu un total de 58.903 votos por correo de cidadáns e cidadás para as eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o vindeiro domingo, 18 de febreiro. Un 19,96 % menos que a cifra total de votos admitidos nas anteriores eleccións galegas celebradas o 12 de xullo de 2020 (73.595), durante a pandemia de covid-19, que marcou récord histórico nuns comicios autonómicos en Galicia. Tamén representan un 36,97 % máis que no proceso celebrado o 25 de setembro de 2016 (43.002).

Fronte aos que prefiren a votación en persoa por considerala máis segura, a presidenta da mesa electoral certifica a garantía do voto postal: "É un sistema seguro. Os membros da mesa custodiamos en todo momento eses votos, dende que reciben ata as oito da noite", afirma.

Os votos por correo quedan identificados para evitar que unha persoa poida votar dúas veces, cumprindo así todas as garantías legais do proceso electoral. Xa só queda, cando pechen os colexios, proceder ao seu reconto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade