Publicador de contidos

Publicador de contidos

O voto por correo para as eleccións xerais tamén se pode pedir por Internet

O voto por correo para as eleccións xerais tamén se pode pedir por Internet

Co certificado da súa inscrición no censo electoral, o interesado pode solicitalo acreditando a súa identidade mediante sinatura electrónica ou sistemas de identificación certificados 

EFE 31/05/2023 11:54

Os electores xa poden solicitar a través de Internet o voto por correo para as eleccións xerais do 23 de xullo, desde a web de Correos, sen ter que acudir en persoa a unha oficina postal.

Os que opten por esta modalidade teñen de prazo ata o 13 de xullo para solicitar o certificado da súa inscrición no censo electoral correspondente, un requisito imprescindible para poder emitir o voto.

Con este modelo de solicitude, que evita desprazamentos, o interesado debe acreditar a súa identidade mediante sinatura electrónica. Tamén se aceptan como sistemas de identificación os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).

Os electores poden tamén solicitar o voto por correo en todas as oficinas de Correos. Débeno facer persoalmente, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade –acreditada mediante certificación médica oficial- que lle impida a formulación persoal da devandita petición.

Nese caso, pódeo presentar no seu nome outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa identidade presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Para axilizar os trámites e evitar esperas, Correos ofrece a opción de cita previa para solicitar o voto en oficinas, a través da app, a web ou a oficina virtual.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral, quen enviará aos solicitantes, a partir do 3 de xullo, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

O prazo de depósito do voto por correo finalizará o 19 de xullo de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade