Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Vizela, segundo test para o Celta neste tempo de preparación

O Vizela, segundo test para o Celta neste tempo de preparación

Hugo Mallo e Marchesín non entraron na convocatoria

G24.gal 09/12/2022 21:34

O Celta prepara o segundo amigable desta pretemporada de inverno. Será este sábado a porta pechada en Afouteza ante o Vizela. Nin Hugo Mallo, que xa recibiu a alta, nin Marchesín entran na convocatoria. Carvalhal daralle descanso ao gardameta logo de xogar os 90 minutos ante o Boavista.

Tamén caen da lista os xogadores do Celta C Gran Peña Javi Rodríguez e Gael Alonso e volve Kevin Vázquez. Novo test para os homes de Carlos Carvalhal, que sabe os puntos débiles que ten que mellorar o seu equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos