Cargando resultados...
O vigués Jonatan Giráldez confirma que non seguirá como técnico do Barça
Guiráldez: "Comuniquei ao club que tiña a intención de non renovar o meu contrato"

G24.gal
18/12/2023 13:53
Última actualización 18/12/2023 13:56
O adestrador do Barcelona, Jonatan Giráldez, confirmou este luns en conferencia de prensa que abandonará o banco azulgrá a final de tempada, coincidindo co fin do seu contrato, que acaba o 30 de xuño de 2024.
"Comuniquei ao club que tiña a intención de non renovar o meu contrato", explicou o técnico vigués, de 32 anos, que non aceptou a proposta do club catalán para seguir.
O técnico vigués marchará, polo tanto, ao final da súa terceira tempada á fronte do Barça, equipo co que de momento conquistou dúas ligas, unha Liga de Campións, unha Copa da Raíña e dúas Supercopas de España.