Cargando resultados...
O vigués Martín de la Puente pasa a cuartos de final do Open de Australia
Derrotou o australiano Ben Weekes
O vigués é o número uno do mundo na modalidade do dobres
G24.gal
24/01/2023 12:24
Última actualización 24/01/2023 12:33
O vigués Martín de la Puente xa está na segunda rolda do Open de Australia na modalidade de cadeira de rodas tras acabar coa resistencia do invitado australiano Ben Weekes por 7-5 e 6-2.
De la Puente converteuse o ano pasado no primeiro xogador español que alcanzaba o máis alto da clasificación mundial de dobres de tenis en cadeira de rodas, tras proclamarse vencedor do Torneo de Mestres (NEC Wheelchair Masters) á beira do arxentino Gustavo Fernández.