Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os viaxeiros do tren en Galicia poden realizar probas nas propias estacións

Os viaxeiros do tren en Galicia poden realizar probas nas propias estacións

A taxa de positividade entre os viaxeiros achégase ao 5 %
 

G24.gal 02/01/2022 15:52

Nas estacións de tren tamén se están a detectar positivos estes días.  Alí todos os viaxeiros poden someterse de balde a un test de antíxenos.

Desde o 23 de decembro, na estación da Coruña veñen realizando unhas duascentas probas diarias. Aquí pecharon o ano con 49 positivos detectados. A xornada dominical está transcorrendo moi tranquila, sen colas nin tempos de espera.

Os viaxeiros asinan un documento de conformidade, pasan o test e en poucos minutos coñecen o resultado.

A fiabilidade da proba é moi elevada. Todos os que deciden facela comparten preocupación e motivos.

Os tests achegan tranquilidade para viaxar e para os encontros nos destinos. Vigo é a cidade onde máis cribados se realizaron, máis de 4.500 ata o 31 de decembro, e tamén a que ten unha maior porcentaxe de positivos, un 6,2. A positividade tamén superou o 5 % na estación de Santiago de Compostela.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade