Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vestiario pide perdón por non consolidar o proxecto en Segunda División

O vestiario pide perdón por non consolidar o proxecto en Segunda División

O cadro ferrolán non conseguiu manterse na categoría de prata máis de tres anos en ningunha ocasión nas últimas 5 décadas

G24.gal 30/04/2025 07:28

Chegou a ser un clásico da Segunda División do fútbol español nos anos cincuenta, sesenta e setenta. Pero nas últimas cinco décadas, o Racing non foi capaz de consolidar un proxecto na categoría de prata do fútbol español. Desta volta foron dúas as temporadas que aguantou. Logo dunha campaña brillante o ano pasado, nesta 24-25 tocoulle volver sufrir a peor faciana do fútbol cun descenso sen paliativos consumado cinco xornadas antes do final da campaña. 

"Non estivemos á altura, pedimos perdón", confesou Fran Manzanara, un dos capitáns, que leva desde 2021 no club. Manzanara sabe o difícil que é subir e a oportunidade que estragaron con este descenso. "Pídolle á afección que non se desenganche do proxecto, porque o club medrou moito nos últimos anos", dixo na canle oficial do Racing. 

Entre 2000 e 2003, con Luís César á fronte, o cadro de Ferrol mantívose tres temporadas en Segunda. Foi o período máis exitoso dos últimos cincuenta anos. O resto de aparicións nesta división duraron, como moito, dous campionatos (04-06 e 23-25). Agora tocará reconstruír o equipo e buscar o regreso a onde queren estar seareiros e o grupo propietario da entidade: o fútbol profesional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos