O verán dá as últimas rabexadas con suba de temperaturas
O verán dá as últimas rabexadas con suba de temperaturas
As máximas non superarán os 27 graos, e as mínimas non baixarán dos 14
O mércores baixan de novo as temperaturas, que volverán repuntar a fin de semana
O verán está nas últimas, e nestes días soben e baixan as temperaturas e non sabemos se quitar ou poñer a manta. Pois non a deixen moi lonxe. Meteogalicia avisa de que comezamos a semana cun anticiclón que rematará o mércores coa entrada dunha fronte fría.
A imaxe nos areais é máis propia do outono que do verán. Hai unha temperatura perfecta para pasear e, sobre todo, sen chuvia.
A resistencia de praia está formada maiormente por xente de fóra con fame de areal e de fuxir das altas temperaturas que pasaron nas súas cidades de orixe. A chegada deste novo anticiclón deixará temperaturas mais altas, pero sempre por debaixo dos trinta graos.