Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vento levanta parte da cuberta dun dos edificios de FIMO de Ferrol

O vento levanta parte da cuberta dun dos edificios de FIMO de Ferrol

O suceso non provocou danos persoais

Imaxe da zona afectada, na que traballaron os bombeiros de Ferrol
G24.gal 02/03/2025 20:39

Os Bombeiros de Ferrol tiveron que retirar parte da cuberta dun dos edificios do recinto de FIMO despois de que o vento a levantara. Do suceso non hai que lamentar persoas feridas.

Os intensos refachos de vento na zona provocaron, este domingo, que a cuberta se levantase nun dos seus extremos e acabase dobrada. Por iso, os efectivos tiveron que retirar algunhas partes da chapa e realizar traballos de prevención.

A cuberta deste edificio, que espera por unha reforma, non é a primeira vez que sofre algún tipo de dano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade