Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tomiñés Manuel Ochoa, seleccionado para os Xogos Olímpicos en caiac cros

O tomiñés Manuel Ochoa, seleccionado para os Xogos Olímpicos en caiac cros

Acaba de gañar a Copa do Mundo de Praga e recibiu a convocatoria da Federación Española de Piragüismo

G24.gal 17/06/2024 19:29

Outro galego que estará nos Xogos Olímpicos de París será Manu Ochoa, o tomiñés competirá na modalidade de caiac cros. A comisión técnica da Federación Española de Piragüismo decidiu outorgar o campión da Copa do Mundo de Praga a última praza para os Xogos Olímpicos do equipo español de slálom.

Ochoa conseguiu clasificar a semana pasada o barco español de caiac cros ao obter a medalla de ouro na Copa do Mundo de Praga. Un éxito que agora o levará a París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos