Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación

O tenente xeneral Francisco José Gan Pampols asume a Vicepresidencia da Recuperación

Esta vicepresidencia créase para centralizar todas as accións do Consell encamiñadas á recuperación e normalización económica e social da provincia de Valencia

Liderou parte da reconstrución de Afganistán e foi director do Centro de Intelixencia das Forzas Armadas

G24.gal 19/11/2024 08:57

O tenente xeneral do Exército de Terra Francisco José Gan Pampols asumirá a Vicepresidencia do Goberno valenciano para a Recuperación Económica e Social tras a DINA do pasado 29 de outubro, segundo anunciou a Generalitat nun comunicado.

Esta vicepresidencia, anunciada polo president da Generalitat Carlos Mazón na súa comparecencia en Les Corts o pasado venres, créase para centralizar todas as accións do Consell encamiñadas á recuperación e normalización económica e social da provincia de Valencia e en especial nos municipios afectados pola riada.

O novo vicepresidente terá entre as súas funcións o deseño dun plan de recuperación e a coordinación dos labores de reconstrución das zonas afectadas, e tamén o desenvolvemento dun plan de protección para afrontar posibles catástrofes naturais que supoñan riscos para a poboación.

Unha incorporación avalada polo presidente Feijóo. O presidente do Partido Popular sabía desta xestión de primeira man. Considera que se trata dun "acerto por que é unha persoa que coñece ben o Estado, que non ten máis obxectivo que acertar".

Non rematarán aquí os cambios no Goberno valenciano. Está no foco a conselleira encargada de xestionar as emerxencias. Nas últimas horas, Mazón substituíu a conselleira de Industria e nomeou unha nova voceira do Consell. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade