Cargando resultados...
O Tenerife gaña por inercia diante do Ourense Club de Fútbol (3-0)
Pleno de vitorias do cadro tinerfeño que marcou os dous últimos goles desde o punto de penalti
G24.gal
21/09/2025 14:56
O Ourense segue sen gañar. Nesta cuarta xornada perdeu no Rodríguez López por 3-0. No minuto 15 adiantouse o Tenerife cun disparo de Jesús de Miguel. É o seu cuarto gol en catro partidos. Marcoulle tamén ó Pontevedra a semana pasada. O tanto subiu ó marcador tras 5 minutos de revisión por unha posible falta na área.
No minuto 63 chegou o segundo do Tenerife, de penalti por man do Ourense. Marcou Enric Gallego. E tamén de penalti ía chegar o terceiro e definitivo do cadro canario. Falta de César Moreno e dende os once metros, anotou Maikel Mesa. O Tenerife mantense como líder do grupo, leva pleno de vitorias, catro en catro xornadas.