O Tenerife amosa o seu poderío en Pasarón (0-2)
De Miguel e Landázuri marcaron para o conxunto insular na primeira derrota do Pontevedra
Na terceira xornada chegou a primeira derrota do Pontevedra no campionato. Perdeu por 0-2 diante dun dos claros candidatos ao ascenso directo. O Tenerife amosou feituras de grande equipo e levou o triunfo con moito poderío físico e oficio.
Todo puido cambiar no minuto doce cando Selma caneou o porteiro visitante, pero un defensa tinerfeño salvou baixo os paus. Á media hora Jesús de Miguel rematou á rede un centro de Alassan para poñer o primeiro gol do partido.
Un partido sen moitas ocasións acabou decidíndoo Landazuri a un cuarto de hora do final cun remate despois dun córner. Comparada tivo a grande ocasión para recortar diferenzas e chegar con opcións ao treito final pero o seu remate estrelouse contra o traveseiro.