Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TS rexeita a petición de Koldo e Ábalos de apartar do tribunal cinco dos sete maxistrados

O TS rexeita a petición de Koldo e Ábalos de apartar do tribunal cinco dos sete maxistrados

O tribunal considera "extemporánea" e "improcedente" a solicitude da defensa, que ve "afinidade" entre estes xuíces e o PP 

Ábalos, Koldo e Aldama asisten á vista de cuestións previas antes da celebración do xuízo

Jose Luis Ábalos e o empresario Víctor de Aldama, durante a audiencia preliminar no Tribunal Supremo este xoves (EFE/JJ Guillén POOL)
G24.gal 12/02/2026 08:23 Última actualización 12/02/2026 12:27

As defensas do exasesor ministerial Koldo García e do exministro Jose Luis Ábalos pediron sen éxito apartar do tribunal cinco dos sete maxistrados por entender que teñen afinidade con algunha das acusacións ou unha opinión formada na causa por presunta corrupción.

Unha petición que aos poucos minutos foi rexeitada polo Tribunal Supremo por "extemporánea". Así o manifestou na audiencia preliminar que celebra este xoves para tratar as cuestións previas como prólogo ao xuízo contra o exministro, o seu exasesor e o empresario Víctor de Aldama por presuntas mordidas en contratos de compra máscaras en plena pandemia.

O presidente da Sala, Andrés Martínez Arrieta, rexeitou as recusacións expostas pola defensa de Koldo García, que formulou protesta coa intención de recorrer ao Tribunal Constitucional.

Durante a audiencia previa, esta defensa recusou o maxistrado Julián Sánchez Melgar pola súa "manifesta afinidade" co PP, que exerce a acusación popular, dado que foi nomeado fiscal xeral do Estado por un goberno do Partido Popular.

Tamén solicitou apartar outros catro maxistrados por formar parte da sala de admisión que decidiu abrir causa cando se presentou a primeira denuncia no Supremo. Son Andrés Martínez Arrieta, Manuel Marchena, Andrés Palomo e Eduardo de Porres.

Entende a letrada Leticia de la Hoz que todos eles teñen unha "opinión formada" por pertencer a esa sala, por iso pediu que se forme nova sala -unha petición á que se adheriu a defensa do exministro- á vez que aproveitou para solicitar, unha vez máis, a posta en liberdade de Koldo García.

A Fiscalía opúxose ao consideralo "extemporáneo" e "de absoluta improcedencia", unha postura compartida pola acusación popular e a defensa de Víctor de Aldama.

É a primeira vez que Ábalos e a súa exasesor reaparecen desde que están en prisión, o pasado 27 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade