Publicador de contidos
Publicador de contidos

O SUP reclama máis axentes e especialización para as comisarías galegas

O SUP reclama máis axentes e especialización para as comisarías galegas

A vaga de altercados nocturnos reflicte, segundo o sindicato, as carencias

Só 55 dos 4.000 novos axentes foron destinados a Galicia

G24.gal 21/05/2023 13:06 Última actualización 21/05/2023 17:45

Unha presunta violación, unha liorta masiva ou dous feridos graves en senllos altercados. O ocio nocturno estase a converter nun foco de problemas nos que moitas veces están implicados menores de idade.

O Sindicato Unificado de Policía sinala que os axentes dispoñibles son insuficientes e que moitas veces teñen dificultades para restablecer a orde. Reclaman cadros de persoal máis amplos en todas as comisarías galegas.

Dos 4.000 novos axentes incorporados no último ano, tan só 55 están a traballar nas comisarías galegas. Por outra banda, o sindicato pide unha reflexión á sociedade para evitar que os menores estean na rúa a altas horas e consumindo alcohol e drogas.

Os axentes reclaman tamén máis formación especializada e maior coordinación con outros corpos policiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar