Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas pon en marcha unha plataforma para tratar doentes con covid persistente

O Sergas pon en marcha unha plataforma para tratar doentes con covid persistente

Emprega a intelixencia artificial para a diagnose, rehabilitación e xestión clínica 

Esta doenza afecta unhas 27.000 persoas en Galicia

 

G24.gal 04/12/2022 13:57 Última actualización 04/12/2022 14:27

Dous de cada dez pacientes con coronavirus desenvolven síntomas persistentes e incapacitantes despois dunha infección aguda. A chamada covid persistente afecta unhas 27.000 persoas en Galicia.

Para mellorar o seu día a día naceu o proxecto COPERIA, impulsado polo Sergas. Está orientado ao desenvolvemento e validación clínica dunha plataforma, que emprega a intelixencia artificial, para a diagnose, rehabilitación e xestión clínica dos doentes.

"Faránselle probas de estrés, probas de exercicio. Mediranse antes e despois as respostas para intentar determinar a través dun algoritmo de intelixencia artificial quen padece a covid persistente e quen non, de xeito que estes pacientes teñan un diagnóstico obxectivo con probas", di Xandre García Caballero, psiquiatra e investigador principal do proxecto Coperia.

Estes pacientes sofren diferentes síntomas como fatiga, dificultade respiratoria, problemas de concentración e de memoria... Hai identificados un total de 200 síntomas diferentes. O proxecto prevé utilizar distintas ferramentas que lles axuden a mellorar a súa calidade de vida.

"Vai haber dous estudos, dous ensaios clínicos: un de rehabilitación física onde imos comparar rehabilitación hospitalaria con rehabilitación en liña e por último un proxecto de rehabilitación cognitiva onde con uns xogos nos teléfonos móbiles para que fagan esa rehabilitación neuropsicolóxica tamén desde casa", engade o investigador Xandre García.

Se os resultados deste proxecto son positivos, podería aplicarse en máis pacientes e noutras doenzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade