Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas deseña un protocolo para o contacto pel con pel, tamén nos partos por cesárea

O Sergas deseña un protocolo para o contacto pel con pel, tamén nos partos por cesárea

En moitos hospitais galegos xa se fai, se non hai complicacións, pero agora o Sergas traballa para garantilo en todas as áreas sanitarias

Hai evidencias científicas de que ese primeiro contacto é positivo para a crianza

G24.gal 02/02/2024 12:24

As primeiras sensacións táctiles e olfactivas dos bebés, nos primeiros minutos da vida, son importantes. E hai evidencias científicas de que en proximidade coa nai reducen a dor, o neno empeza a mamar antes e mellora a vinculación entre nai e fillo.

O Sergas traballa nunha guía de acompañamento no parto e para o contacto pel con pel. Un documento marco para que todas as áreas e hospitais, tamén os comarcais, o adapten ás súas necesidades.

"Cambiou moito a concepción da crianza e cada vez máis queremos favorecer a lactación materna, o binomio nai-fillo, e favorecer, aínda que sexa un parto por cesárea, ese contacto pel con pel e que non se separe da nai en ningún momento ata que vaia á sala de recuperación", explicou Sinda Blanco, a subdirectora xeral de Atención Primaria.

Se as complicacións non o permiten, tentarase que ese primeiro contacto do bebé sexa co pai ou a persoa que a nai designe como acompañante. O obxectivo é a humanización e que a experiencia do parto sexa positiva para a muller e os seus acompañantes.

Na elaboración deste protocolo para o contacto pel con pel participan todas as categorías profesionais relacionadas co parto, e o documento final será validado externamente por sociedades científicas, colexios profesionais e asociacións de pacientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos