Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas comeza este luns a administrar a dose de reforzo ao grupo de 50 a 59 anos

O Sergas comeza este luns a administrar a dose de reforzo ao grupo de 50 a 59 anos

O mércores vindeiro chega a quenda dos cativos de entre 5 e 11 anos

 Hai dispoñibles para menores unhas primeiras 60.000 doses

G24.gal 12/12/2021 14:34

Galicia está a cabeza con respecto ao resto do Estado en porcentaxe de vacinación coa dose de reforzo.

Esta fin de semana remata a administración da terceira dose ao grupo de idade de 60 a 69 anos, ao que se lle ofrece tamén a da gripe, e ao persoal sanitario e sociosanitario. 

A semana vai comezar cun novo grupo de idade. Xa é a quenda de maiores de 50 anos. O Sergas adiántase ao resto de comunidades e mesmo ao Ministerio de Sanidade. 

O luns xa só no Gaiás están citadas 6.500 persoas de 50 a 59 anos, e a partir do mércores chega a quenda da poboación infantil de entre 5 e 11 anos, comezando polos de 10 e 11. Hai dispoñibles unhas primeiras 60.000 doses.

Galicia tamén é líder, xunto con Asturias, na porcentaxe de persoas vacinadas coa pauta completa, con algo máis do 85 % da poboación total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos