Publicador de contidos

Publicador de contidos

Citadas 4.600 persoas ao día para poñer a terceira dose en Expocoruña

Citadas 4.600 persoas ao día para poñer a terceira dose en Expocoruña

O Sergas quere vacinar unhas 65.000 persoas na área da Coruña ata o 3 de decembro

G24.gal 20/11/2021 15:52

Hai algunha queixa por ter que se desprazar ata o pavillón feiral e non ter a opción de vacinarse no centro de saúde, pero, en xeral, todo son loas a unha organización que a estas alturas está sobradamente contrastada.

Os 25 postos abertos ocupan unha pequena parte da superficie de Expocoruña; que mantén a súa actividade habitual. As primeiras citas son para administrar terceiras doses á poboación de entre 70 e 79 anos. O próximo venres comezará a quenda dos inmunizados coa monodose de Janssen.

No primeiro día de vacinación acudiron 4.070 coruñeses. O Sergas quere chegar a unhas 65.000 persoas da área sanitaria ata o 3 de decembro.
 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade