Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas aposta pola creación do primeiro centro autonómico de prevención e control de enfermidades

O Sergas aposta pola creación do primeiro centro autonómico de prevención e control de enfermidades

O seu labor será coordinar os sistemas de vixilancia, cribados e vacinas e operará para doenzas transmisibles e non transmisibles

A Xunta pretende mellorar así a posicion de Galicia para conseguir a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

G24.gal 20/10/2022 13:33

Preparar o sistema sanitario para acelerar a resposta ante riscos como o que supuxo a pandemia da covid é o obxectivo do Centro de Control de Enfermidades que vai crear a Xunta e que vai ser o primeiro de España destas características.

"O que se pretende é fortalecer os sistemas de vixilancia epidemiolóxica", explica a directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.

Vixilancia, prevención e control. O centro vai ser o primeiro entre as autonomías en coordinar unha grande amplitude de funcións relacionadas co coidado da saúde pública cunha perspectiva de prevención. 

"Necesitamos ter unha foto real do que está acontecendo na nosa comunidade en relacións e enfermidades que se poden transmitir como pode ser o VIH, a hepatite C, a covid ou a gripe, e saber cales son os factores de risco que poden facer que se desenvolva con máis facilidade unha enfermidade. Neste sentido, nos inicios, ímonos centrar na patoloxía oncolóxica", adiantou Carmen Durán. 

O centro creará un rexistro galego de tumores, encargarase da planificación da vacinación e dos cribados de cancro e neonatais e terá sede física no edificio de Servizos Centrais do Sergas.

Esperan que ademais sume puntos á posición dianteira de Galicia en cribados, vacinas e prestixio do corpo técnico, e sirva para atraer aquí a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade