Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Senado aproba a lei que reforma a produción audiovisual

O Senado aproba a lei que reforma a produción audiovisual

Abstivéronse Unidas Podemos e PP e votaron en contra ERC, PdeCat e Vox

Os produtores independentes seguen considerando a nova lei unha "sentenza de morte"

G24.gal 22/06/2022 17:41

A lei do audiovisual que reforma a produción para, entre outras cousas, atraer negocio a España recibiu luz verde por parte do Senado con 125 si, 28 non e 103 abstencións.

O rexeitamento de todas as emendas presentadas na Cámara Alta permitiu que a nova lei quede só pendente da publicación no BOE.

Os socios do Goberno dividiron o seu voto, coa abstención de Unidas Podemos, que xunto coa abstención do PP favoreceron a aprobación da norma. Por outra banda, ERC, PdeCat e Vox votaron en contra.

A lei non estivo exenta de polémica. Comezou coas linguas cooficiais, que finalmente rematou co apoio de PNV e ERC ao impoñer as cotas a plataformas e televisións. Pero o máis soado foi a protesta dos produtores independentes, que alertaron de que se abrira ás grandes corporacións a posibilidade de acceder ás súas axudas e beneficios.

A lei obriga as televisións e grandes plataformas a destinar o 5% dos seus ingresos en España á produción audiovisual e un 70 % desa cota á produción independente nalgunha das linguas oficiais.

Tamén impón ás plataformas con sede en España unha cota do 30 % de produción europea no seu catálogo. Desa porcentaxe, o 50 % debe ser nalgunha das linguas oficiais. Dentro dese 50 % deberá destinarse un 40 % a producións en galego, euskera ou catalán.

Os produtores independentes falan de "sentenza de morte"

Os produtores levaron a súa protesta a Cannes e promoveron un manifesto que asinaron máis de 350 creadores e traballadores do cine e televisión por supoñer unha "sentenza a morte para a industria audiovisual española tal e como a coñecemos".

Segundo aseguran, a norma impulsa "unha maior concentración da industria, en torno ao duopolio actual (Grupo Atresmedia e Mediaset España) e as grandes plataformas multinacionais e afástase da visión europea que pretende garantir a diversidade cultural, promovendo a existencia dun tecido empresarial independente, regulando o ecosistema do audiovisual".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar