Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Hoxe é o día das vítimas da dina", dille Sánchez a Feijóo ao preguntarlle pola corrupción

"Hoxe é o día das vítimas da dina", dille Sánchez a Feijóo ao preguntarlle pola corrupción

O líder do PP afirma: "Volverá mentir este xoves no Senado, porque se di a verdade, acabará con vostede"

A sesión abriuse cun minuto de silencio polas vítimas da dina en Valencia. Castela-A Mancha e Andalucía

directo Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 29/10/2025 08:36

O primeiro aniversario da dina centrou a sesión de control ao Goberno no Congreso. O pleno abriuse cun minuto de silencio polos 237 falecidos na traxedia rexistrada hai xusto un ano en Valencia, Castela-A Mancha e Andalucía.

O presidente do PP tivo un recordo para as vítimas pero botoulle en cara ao Goberno a súa posición nesta crise. "Oxalá toda a enerxía que dedican a politizar a traxedia se dedicase á reconstrución", sinalou.

A continuación, Alberto Núñez Feijoo preguntoulle a Pedro Sánchez, polos casos de corrupción que afectan ao seu partido. "Pensa dicir a verdade na comisión de mañá no Senado ou seguirá facendo de Pedro Sánchez?".

O presidente do Goberno asegurou que "hoxe non é o día" para responder este tipo de cuestións, xa que "é o día das vítimas da dina". Segundo explicou na súa quenda de palabra:  "Hoxe é un día moi duro para os familiares das vítimas, para os que o perderon todo e para os que están recosntruíndo as súas vidas". 

"Hoxe é o día para a empatía, para o recordo, para a memoria das vítimas e para o compromiso coa Comunidade valenciana. Xa teremos ocasión de falar destas cuestións", sinalo o presidente do Goberno.

Feijóo insistiu en que o seu labor é "cumprir co seu deber" e iso consiste, afirma, en "distinguir a verdade da mentira". E acusou ao Goberno de mentir aos seus votantes e aos seus socios de Goberno.

"Mente máis que o seu CIS e a súa RTVE. E volverá mentir mañá no Senado porque se di a verdade acabará con vostede". "Veremos en que queda o da contabilidade B", afirma, "o que é seguro é que non ten plan B para gobernar".

Eduardo Parra/Europa Press

O presidente declinou facer uso da súa segunda quenda de palabra e a sesión continuou segundo a orde establecida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade