Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector pesqueiro galego ve "inadmisible" o recorte de cotas que propón Bruxelas

O sector pesqueiro galego ve "inadmisible" o recorte de cotas que propón Bruxelas

A frota poderá pescar un 18 por cento menos de pescada e un 16 menos de xurelo

Tamén se reducen as costas de linguado e abadexo en augas do caladoiro nacional

G24.gal 05/11/2021 16:39

A Comisión Europea presentou as súas propostas para as cotas de pesca de 2022.A frota poderá pescar un 18 por cento menos de pescada, e un 16 menos de xurelo. Tamén se reducen as costas de linguado e abadexo en augas do caladoiro nacional. Pola contra, Bruxelas propón aumentar nun 13 por cento as capturas de rapante e nun 5 as de peixe sapo para o ano que vén.

Para o sector a proposta da Comisión Europea é inadmisible. Din que non está avalada por informes científicos e que ademais non ten en conta as repercusións tan negativas que tería para o emprego.

Confían na capacidade negociadora dos gobernos galego e español para frear unha proposta que chega nun contexto moi complicado para o sector. Din que o recorte das cotas non ten base científica nin contempla o seu impacto económico e social nunha rexión coma Galicia, tan altamente dependente da actividade pesqueira

Será en decembro no Consello de Ministros da UE cando se debaterá a proposta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade