Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector da conserva sae á rúa contra o preacordo do convenio colectivo en Boiro

O sector da conserva sae á rúa contra o preacordo do convenio colectivo en Boiro

Din que non quedan recollidas as súas reivindicacións en canto á equiparación salarial entre mulleres e homes

Rexeitan a cuarta quenda de fin de semana

O sector da conserva manifestouse en Boiro en contra do preacordo de convenio do sector
G24.gal 19/02/2022 20:12

As traballadoras da conserva saíron a manifestarse en Boiro en contra do preacordo do convenio colectivo do sector que asinaron UXT e CIG coa patronal. Din que non quedan recollidas as súas reivindicacións en canto á equiparación salarial entre mulleres e homes.

As operarias, apoiadas por Comisións Obreiras, desmárcanse do acordo ao que se chegou o xoves. Na protesta rexeitaron a cuarta quenda de fin de semana e esixiron un convenio que lles permita a conciliación e que realmente garanta a equiparación salarial en todas as categorías.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade