Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Colectivo cre que a xustiza europea vai anular a prórroga da concesión da AP-9

En Colectivo cre que a xustiza europea vai anular a prórroga da concesión da AP-9

A asociación de consumidores reclama máis transparencia por parte do Goberno sobre este asunto

Nin a ampliación da concesión que se fixo en 1994 nin a do ano 2000 saíron a concurso público

G24.gal 15/06/2024 14:17 Última actualización 15/06/2024 14:54

O secretario da asociación de consumidores En Colectivo, Antonio Heredero, cre que a súa reclamación para que se eliminen as peaxes na AP-9 acabará no Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

"O Goberno de forma reiterada mantén que é unha cuestión de alto secreto e non quere dar ningunha información. O certo é que o 24 de xuño vai ter que responder á Comisión Europea pero non quixo transmitir cal é a súa resposta a ese requirimento. Hai que ter en conta que a Comisión considera probablemente que as dúas prórrogas da autoestrada son nulas".

En 1994 o Goberno de Felipe González ampliou a concesión da Autoestrada do Atlántico ata 2023 e, en 2000, o de Aznar estendeuna ata 2048.

O secretario da organización cre que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea resolverá, o ano que vén, que esta última é nula.

"No caso de que a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea declaren a nulidade, xa é obrigatorio para o goberno e tería que declarar a nulidade da segunda prórroga desde 2023, o ano pasado sería cando rematou a concesión".

Lembra que, cando se privatizou en 2003, valorouse en 900 millóns, polo que considera desorbitadas as cifras que se manexan agora para rescatala e transferila a Xunta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos