Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán visita un Barcelona de dúas caras

O Río Breogán visita un Barcelona de dúas caras

G24.gal 25/10/2025 12:52

Os adestradores adoitan dicir que se centran no que o seu equipo pode facer, non no rival. Pero dante dun adversario como o Barcelona esa afirmación pode ter matices. Que equipo estará diante do Breogán. Se o que foi capaz de gañarlle en Málaga ao Unicaja ou o que caeu con estrépito no Palau fronte ao Zalgiris. E iso con só catro días de diferenza.

A segunda versión, loxicamente, sería a ideal, Axudaría a que se puidesen vivir aqueles últimos segundos xa históricos de hai dúas temporadas, os da primeira e única vitoria breoganista no Palau.

O meritorio triunfo en Zaragoza deulle ese empuxe de confianza ao Breo. As sensacións dentro do equipo son óptimas

Dúbidas para este partido no posto de 4. Andric, letal en Zaragoza, chega con problemas físicos. Pola contra Bakkary Dibba está recuperado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar