O Reino Unido supera por primeira vez os 200.000 casos de covid
Tamén bate rércords en ingresos hospitalarios

O Reino Unido rexistrou 218.724 novos contaxios por covid-19, cifra nunca antes alcanzada. O Goberno británico tamén informou de 48 mortes por esta enfermidade.
Porén, as cifras inclúen datos de varias datas debido ás demoras na actualización das cifras en todo o país durante o Nadal.
Estes positivos representan un aumento de máis de 60.000 sobre os notificados o luns, que fora de 157.758.
En todo o país levan morto 174.000 persoas por covid desde o inicio da pandemia. Outras 15.044 están hospitalizadas en Inglaterra, a cifra máis elevada de ingresos hospitalarios por coronavirus desde o 18 de febreiro de 2021. Este cifra supón un 58 % máis de ingresos que fai unha semana.
A cuarta parte dos cidadáns británicos aínda non puxeron a vacina de reforzo.