Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confirman na Alemaña dous casos da variante ómicron tras os dous do Reino Unido

Confirman na Alemaña dous casos da variante ómicron tras os dous do Reino Unido

As autoridades sanitarias europeas estudan casos noutros países

G24.gal 27/11/2021 15:33 Última actualización 20:35

Dous pasaxeiros que aterraron o 24 de novembro en Múnic, procedentes de Sudáfrica, recibiron a confirmación mediante PCR como infectados pola variante ómicron da covid, informou o ministerio de Sanidade alemán este sábado.

As dúas persoas infectadas souberon pola prensa a existencia da nova variante e pediron que se analizara o seu caso. Agora o ministerio chamou a todos os que compartiron o mesmo voo coas dúas persoas para que se poñan en contacto de inmediato coas respectivas autoridades sanitarias.

O ministerio de Sanidade do Reino Unido confirmou este mediodía dous casos da nova variante da covid, a ómicron, de recente aparición e considerada como "preocupante" pola OMS.

Detectaron os casos nas localidades de Chelmsford e Nottingham, que van ser escenario agora de probas adicionais á poboación para identificar máis posibles casos.

 As dúas persoas están baixo illamento e os dous casos están relacionados cunha viaxe ao sur de África, conforme o que informou o ministro de Sanidade británico,Sajid Javid.

 Anunciou que os habitantes de dez países africanos non poden viaxar ao Reino Unido. Na listaxe vermella están Sudáfrica, Namibia, Zimbaue, Botsuana, Lesotho, Eswatini, Angola, Mozambique, Malaui e Zambia.

 As autoridades sanitarias da República Checa e da Alemaña verifican a posible existencia dun caso da variante ómicron en cada un destes países. En Chequia trataríase dunha muller que estaba en Namibia e voou de regreso con escala en Sudáfrica e Dubái.

Na Alemaña identificaron varias mutacións típicas de ómicron nun viaxeiro de Sudáfrica, pendente da secuenciación completa cun alto grao de sospeita.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade