Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regreso de Irene Ferreras a Riazor marca o partido do Deportivo Abanca

O regreso de Irene Ferreras a Riazor marca o partido do Deportivo Abanca

A adestradora que levou o equipo á máxima categoría volve no banco do Granada

"Teño dúbidas de que non imos sufrir este ano", confesou o técnico coruñés Fran Alonso

G24.gal 05/12/2025 14:41

Volve Irene Ferreras a Riazor un ano despois de deixar a dirección técnica do Deportivo Abanca. A adestradora que levou o cadro coruñés á máxima categoría dirixe agora un Granada que pelexa co Deportivo por unha permanencia cómoda na Liga F. O equipo andaluz ocupa o décimo posto con 13 puntos, tres máis que as coruñesas que buscan un triunfo que as afaste do perigo. 

Con cinco puntos de marxe sobre o descenso Fran Alonso agarda mellorar un equipo que "tivo actuacións que non estiveron ao nivel axeitado pero non nos atopamos nunha situación límite" en referencia a como colleu o equipo o pasado mes de decembro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar